Con xullo regresa o Atardecer no Gaias

0

Compostela, 26 de xuño do 2019 – A vindeira semana regresa o ciclo Atardecer no Gaias que leva a praza central da Cidade da Cultura concertos das últimas tendencias musicais.

O Atardecer no Gaias 2019 terá hip hop, cumbia, trap, indie, electrónica ou rock, e afianza a aposta polas voces femininas, A actualidade musical galega continúa a ter un peso importante con 8 actuacións, entre as que se atopan Agoraphobia, De Vacas ou Berta Franklin. Comezará o 4 de xullo e durará ata o 17 de agosto tódolos xoves, venres e sábados e a hora de comezo será sempre as 9 da noite.

Atardecer no Gaias 2019O cartel de Atardecer no Gaiás pretende reflectir e recoller unha escolma da actualidade musical, tanto a nivel internacional como galega, que conta cun peso relevante e de estilos variados, cun total de 8 artistas/formacións na programación.

Artistas nacionais e internacionais

Este ciclo tamén trae á Praza Central do Gaiás artistas do eido nacional que están a triunfar, como é o caso de Cecilia Krull, que abrirá o ciclo o xoves día 4. O jazz desta madrileña valeulle discos de Ouro en Francia e Platino en Italia, onde os seus temas teñen estado liderando as listas das emisoras, xa que é a autora e a intérprete de My life is going on, coñecida canción da serie de éxito La Casa de Papel.

No eido internacional, Atardecer no Gaiás musicará solpores a ritmo de trap, hip-hop, dance e cumbia. Trátase de propostas que convidan ao baile, nas que se atopan os mexicanos Kumbia Boruka, o venres 5 de xullo,  ou Miss Bolivia, o día 17.

Voces femininas

O cartel desta edición volve confirmar a aposta do ciclo polas voces femininas, como son as potentes Kumbia Queers da Arxentina, o 9 de agosto, e tamén por xéneros emerxentes con éxito entre a xeracións máis novas, como o flamenco-pop de Las Migas, 10 de agosto.

Neste cartel non se esquecen estilos xa imprescindibles neste ciclo ao solpor como son o indie (Floridablanca, 26 de xullo, Ladilla Rusa, 19 de xullo,  ou Monterrosa, 3 de agosto) o pop e o rock, no que sempre hai unha fiestra aberta para grupos galegos emerxentes, como son os lucenses Berta Franklin, 27 xullo, os composteláns Malraio, 2 de agosto, o pontevedrés Soulmacklein, 13 de xullo, ou os Best Boy 17 de agosto. Esta formación de Tui pechará o ciclo Atardercer no Gaiás 2019, que se despedirá co reto de manter a cifra récord que se acadou na pasada edición, na que se superaron os 16.000 asistentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial