Artistas de México, Brasil e Galicia no Atardecer no Gaias de esta semana

0

Compostela, 10 de xullo do 2017 – O Atardecer no Gaias lévanos esta semana por músicas chegadas de México, Brasil e da propia Galiza.

Do xoves a sábado o Atardecer no Gaias presenta tres propostas moi distintas, todas de balde e pensadas para disfrutar dos últimos raios de sol ao carón da Cidade da Cultura.

La Redada

O primeiro deles o xoves doce co sexteto mexicano La Redada, música psicodélica feita a partir da reciclaxe de cancións atopadas en vinilos de segunda man.

Atardecer no gaias 2018

A Banda da Loba

O venres a cita é coas galegas de A Banda da Loba, cinco mulleres que musicalizan tanto poetas galegas senlleiras como contemporáneas cun estilo propio que nace da mestura do rock, o pop ou o folk máis tradicional.

Dom La Nena

A programación remata o sábado coa brasileira Dom La Nena, unha muller de doce voz que vive a cabalo entre Bos Aires e París e que acompáñase da música do cello que ela mesma toca.

Todos os concertos comezan a caída do sol, a iso das 9 da noite, na praza central do Gaias.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies