займ срочно

Atardecer no Gaiás trae desde hoxe a Boyanka Kostova, Hidrogenesse e Terbutalina

0

Compostela, 10 de agosto do 2017 –  Tres estilos ben diferentes pero igual de divertidos musicarán os solpores desta semana do Atardecer no Gaiás.

Terbutalina

Terbutalina

Hoxe arranca esta nova fin de semana no Atardecer no Gaiás co primeiro grupo de trap en galego, Boyanka Kostova, ao que lle seguirá o venres o coñecido pop bizarro de Hidrogenesse, e para rematar, o festeiro garage punk de Terbutalina convidará o sábado a bailar ata máis aló da caída do Sol.

O trap é un xénero musical emerxente que conta cada día con máis seguidores. Os seus ritmos móvense nos lindes entre o hip hop e o reggaeton e con letras que falan da vida de barrio desde a primeira persoa, sen edulcorantes e desde a autenticidade, e que ten en Boyanka Kostova o primeiro referente en galego. As composicións e música desta formación compostelá pretenden ser universais e o seus directos amosan unha conexión total co público, nun convite continuo a bailar ao son dos seus ritmos hipnóticos e minimalistas e do seu carismático e singular flow costumista.

Boyanka

Boyanka

O venres tócalle a quenda a unha formación con máis bagaxe musical, Hidrogenesse, pero que seguen a facer alarde das mesmas letras frescas que rachan con calquera convencionalismo. Imposible resistirse ao pop bizarro e ao art-rock electrónico deste dúo inclasificable que levan 18 anos animando as pistas de varios continentes e, nesta ocasión, a pista que se formará na Praza Central no Gaiás. Prolongará a festa, por cortesía da Cantina do Gaiás, unha sesión DJ a cargo de La SinCereza PinchaCumbia.

A fin de festa do Atardecer no Gaiás desta semana vaina pór o garage punk festeiro de Terbutalina. Os do Barbanza son sinónimo de diversión e de bailar ata fartar e, de seguro, ata máis aló da posta do Sol. Nisto contribuirá a pinchada posterior do DJ Chus Silva, prevista para a pasada actuación de Músculo! e que tivo que ser aprazada por mor da choiva.

Todas as citas de Atardecer no Gaiás comezan ás 21 horas na praza central da Cidade da Cultura. A entrada é libre e de balde. E o último bus para baixar do Gaiás é o C11 e ten lugar ás 22:45 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies