A atención social a doentes de cancro protagonizará unha charla en Ordes

0

Ordes, 10 de abril do 2018 – A xunta local de Ordes da AECC ten organizado para este vindeiro mércores, 11 de abril, unha nova charla informativa. Nela abordaranse aspectos e cuestións relacionadas coa atención social ás persoas enfermas de cancro.

O lugar de celebración será o salón de plenos, situado nos baixos da alameda, ás 18 horas. Nesta ocasión contarase coa participación de Paula Romero López, traballadora social da Asociación contra o cancro.

Para calquer tipo de información adicional pódese chamar ao teléfono 981142740 ou ben facer uso do correo electrónico acoruna@aecc.es. Novamente o Concello de Ordes colabora na posta en marcha desta iniciativa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial