займ срочно

O Ateneo recibe a Joaquín Almunia que presenta o seu último libro

1

Compostela, 28 de novembro do 2018 – Este xoves, día 29 de novembro, Joaquín Almunia visitará Compostela para presentar o seu último libro no Ateneo de Santiago, Ganar el futuro. Cómo Europa y la socialdemocracia pueden salir juntas de sus crisis.

Ás 19.30 horas na sede de Afundación, sita na Rúa do Vilar, 19, o ex-Vicepresidente da Comisión Europea, previa introdución por Ramón Máiz, Catedrático de Ciencia Política da USC, disertará sobre as dificultades ás que se enfrontan hoxe a integración europea e a socialdemocracia. Nesta obra Joaquín Almunia, que pertence a unha xeración de españois para quen a integración europea é unha referencia imprescindible, advirte da necesidade de recuperar a sintonía cos cidadáns e defende que a Unión Europea, xunto á socialdemocracia, segue sendo a mellor opción.

Almunia é un dos políticos españois con maior experiencia internacional, particularmente no ámbito da Unión Europea. Foi Vicepresidente e Comisario Europeo de Competencia, tras ser anteriormente Comisario Europeo de Asuntos Económicos e Monetarios. Licenciado en Dereito e Ciencias Económicas na Universidade Comercial de Deusto, completou os seus estudos de posgrao en l’École Pratique des Hautes Études en París. A súa traxectoria profesional comezou como economista na Oficina do Consello Superior das Cámaras de Comercio españolas en Bruxelas e continuou como deputado no Congreso, Ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Ministro de Administracións Públicas e Presidente da Comisión de Presupostos.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies