займ срочно

Atlantic-Arts Trío inaugura un ciclo dedicado as grandes compositoras dos séculos XIX e XX

0

Compostela, 16 de abril do 2018 – As obras das grandes compositoras dos séculos XIX e XX soarán no Paraninfo da Universidade nun novo ciclo de tres concertos, todos de entrada libre, que comeza hoxe con Atlantic-Arts Trío .

O primeiro de estes concertos terá lugar ás 20.30 horas, con Clara Schumann e Fanny Mendelssohn-Hensel como protagonistas. Será o Atlantic-Arts Trío quen interprete as obras ‘Trío para piano, violín e violoncelo en sol menor, op.17’ da primeira e ‘Trío para piano, violín e violoncelo en re-menor, op. 11’ da segunda compositora.

Clara Wieck Schumann (Leipzig, Alemaña, 1819 – Fráncfort del Meno, Alemaña, 1896) foi unha pianista e compositora destacada do século XIX. Aos 11 anos presentou o seu primeiro recital de piano completo e aos 12 xa viaxaba con enorme éxito por toda Europa como compositora, un prestixio que mesmo se incrementaría cando comezou a compoñer. En total, é autora de 66 pezas musicais: para piano, cancións para voz e piano, música de cámara e para orquestra. Casou con Robert Schumann, un dos máis importantes compositores do Romanticismo alemán, a quen coñeceu cando este ía a casa dos Wieck para estudiar co pai de Clara e sobre o que exerceu moita influencia, ademais de participar en parte da súa obra (das 12 cancións do Op. 37 de Robert Schumann, tres están compostas por Clara).

A biografía de Fanny Hensel Mendelssohn (Hamburgo, 1805 -Berlín, 1847) é un tanto diferente. Irmá maior de Felix Mendelssohn, os dous creceron nun ambiente moi culto, cunha boa educación musical, pero nunha sociedade que entendía que as mulleres non debían destacar en ningunha disciplina que as afastase da súa verdadeira vocación como era a familia. Así, pese a que mesmo seu irmán recoñecía que ela era mellor interprete ca el e o seu desexo en dedicarse á música, Fanny nunca puido presentarse en público como pianista. A súa figura quedou totalmente eclipsada pola do seu irmán ata tal punto que algunhas das súas obras (compuxo máis de 400) formaron parte do catálogo de Felix ata os pasados anos 90 grazas ao labor dos investigadores.

O trío

Residente en Santiago de Compostela, o Atlantic Arts Trio fundárono en 2016 o violinista Michal Ryczel, o violoncelista Thomas Piel e a pianista Emmanuelle Janisz co obxecto de presentar música menos coñecida xunto co gran repertorio para a formación do trío con piano. Emmanuelle Janisz comezou os seus estudos musicais en Francia, realizando o ciclo superior especializado no conservatorio nacional d´Aix en-Provence con Michel Leduc e a carreira universitaria de musicoloxía. Desde 2002 vive en Galicia e dedícase principalmente á ensinanza do piano, pero segue tamén co seu labor como pianista: tocou en diversas ocasións coa RFG, acompañou na Escola de Altos Estudos Musicais, traballou en  colaboracíon coa Camarta Quiodi e tocou no Festival de Lugo en formación da cámara. Pola súa banda, Michal Ryczel, violinista da Real Filharmonía de Galicia, iniciou a carreira musical na súa cidade natal de Lodz (Polonia), onde se licenciou na Universidade da Música. Posteriormente en Alemaña realizou os seus estudos superiores Konzertexamen (Diploma Solista). Desde o ano 2007 reside en España onde traballou coa Orquesta del Palau de les Arts Reina Sofía en Valencia e a Orquesta Sinfónica de Bilbao. O violoncelista alemán Thomas Piel comeza os seus estudos estuda na Folkwang-Musikhochschule de Essen con Christoph Richter. En 1998 foi co fundador do ensemble “eMeX”, especializado en música contemporánea. Foi primeiro violoncelo solista da Westphaelische Kammerphilharmonie Gutersloh entre 1997 e 2001 e participou na academia orquestal del Bayrischer Rundfunk baixo a dirección de M. Rostropovich. Actualmente é profesor na Escola de Música Berenguela en Santiago de Compostela.

Este ciclo de concertos está organizado pola Universidade de Santiago coa colaboración da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies