займ срочно

Atlántica comeza cunha Noite de medo

0

″Compostela, 12 de marzo do 2018 – O Festival Atlántica quenta motores cunha ‘Noite de medo’ coa participación do colectivo da Almáciga de nova creación.

O Festival Atlántica inaugura a súa programación en Santiago cunha ‘Noite de medo’ este martes, 13 marzo, no Abastos 2.0 Ghalpón [21 h, 6 €]. Nesta sesión, destinada ao público adulto, participarán artistas do festival e o Grupo de Narración Oral da Almáciga. As entradas pódense mercar en Galantiqua (10-13 h, Preguntoiro 9, 1º dereita), na Librería Couceiro (17:30-20 h, Praza de Cervantes) e tamén no lugar do espectáculo unha hora antes do comezo da función.

Nesta velada de historias desacougantes van intervir artistas como Maria Rouco, Vero Rilo, Laura Escuela, Maria Pereira Uzal, Carmen Conde e Sole Felloza, entre outros. A carón delas estarán os integrantes do Grupo de Narración da Almáciga, un colectivo que xurdiu dun proxecto que naceu no 2017 e que aspira a incorporar novas voces ao mundo dos contos.

O grupo ten a súa orixe no curso de narración oral ‘Ti xa tes moito que contar’ coordinado e impartido polo equipo de contacontos de Atlántica no Centro Xove da Almáciga. Esta formación, que xa vai pola súa segunda edición, articúlase en tres eixes: as ferramentas da narración oral, o proceso de creación dun univers o narrativo e a narración do territorio. Todo dentro dun deseño metodolóxico práctico desta arte escénica

.

O programa completo do Atlántica pódese consultar na web do Festival:http://festivalatlantica.com/.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies