O Atlético Riveira gaña con autoridade o V Torneo Fútbol Base F8 de Lousame

0

Lousame, 2 de amio do 2017 – O Atlético Riveira proclamouse campión da quinta edición do Torneo Fútbol Base F8 Lousame disputado no campo de fútbol de Cabanetán (Lesende) e organizado polo Club Lousame Deporte.

Atlético Riveira, gañador

Despois de gañar con moita comodidade todos os seus encontros previos, os rapaces do Atlético Riveira tiveron que esforzarse ao máximo na final para derrotar por 2-1 á SD O Pino, que mesmo puido empatar na última xogada do partido.

Unha xornada moi condicionada polo tempo, con moito frío e vento e mesmo con algunha granizada que interrompeu os encontros en cando menos tres ocasións. Ese mal tempo non amedrentou a centos de familias, que se achegaron ata o campo de Cabanetán para animar aos seis equipos participantes: Outes FC, SD Villestro, EFM Concello de Boiro, Atlético Riveira, SD Negreira e SD O Pino.

SD O Pino, segundo clasificado

A liguiña inicial xa deixou ben claro un equipo favorito: o Atlético Riveira, que non encaixou nin un só gol ata a final e marcou unha media de 4 goles por partido. De feito, nas semifinais endosoulle un 6-0 ao Outes FC e controlou a final fronte a unha combativa SD O Pino, a quen derrotara por 3-0 na primeira fase. Porén, un gol da SD O Pino a balón parado fixo que os últimos cinco minutos de partido foran moi emocionantes, cos barbanzás defendendo o resultado no seu terreo de xogo. Deste xeito, o Atlético Riveira saca a espiña do ano pasado, no que pese a facer un gran campionato perderan a final nos penaltis fronte ao Bertamiráns CF.

O terceiro posto do campionato foi para a SD Villestro, que se impuxo nos penaltis ao Outes FC tras rematar o encontro con empate sen goles. Deste xeito, a SD Villestro refacíase da semifinal anterior, na que perdera na quenda de penaltis fronte á SD O Pino tras empatar a cero os 20 minutos do encontro.

Entrega de trofeos

Villestro, terceiro clasificado

A concelleira de Deportes, María Regenjo, e o primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Ramón Martínez, foron os encargados de facer entrega dos trofeos aos catro primeiros clasificados, así como de medallas para todos os rapaces e rapazas participantes. Unha entrega de premios na que estiveron acompañados polo coordinador do torneo e presidente do Club Lousame Deporte, Néstor Romero, e os directivos do club Eduardo Agraso e José Manuel Outeiral.

O V Torneo Fútbol Base F8 Lousame está organizado polo Club Lousame Deporte e conta coa colaboración do Concello de Lousame. do Club de Fútbol Lesende e da Federación Galega de Fútbol. Entre os patrocinadores figuran: Soñora Fernández SLU, Lolita Moda, Plus Ultra Seguros, Elgasa, Autos Patiño, Fisioterapia Cinesia, Paco´s Moda, Autos Comparado, Muebles Muñiz, Deportes Casais, Silmaplast e Excavaciones, Transporte, Obras y Servicios M. Rodríguez SL.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial