Atraccións de Nadal e mercado de artesanía na fin de semana de Oroso

0

Oroso, 22 de decembro do 2018 – Este fin de semana celebrarase o mercado de artesanía de Nadal do Concello de Oroso ao carón do que os cativos terán moito onde pasalo tempo.

O mercado de Oroso compleméntase cun Carrusel no que os máis pequenos poderán montar de xeito gratuíto. En palabras do alcalde, Manuel Mirás ” Trátase dunha iniciativa municipal para atopar diversión sen moverse de Oroso e que as familias teñan máis opcións no concello”. Non será a única diversión xa que están previstos distintos obradoiros e a visita de Papá Noel.

Tamén está en marcha o tradicional concurso de postais de Nadal e o III Concurso de Escaparates de Nadal, en colaboración co sector comercial orosán.

Estas datas en Oroso terán ademais distintas actividades como concertos, monicreques, a visita do mago Xacobe, obradoiros de repostería e animación á lectura, exposicións, excursións de escapismo e multiaventura, e o Christmas Camp, para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

A cita sen duda será a da gran Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro. As Súas Maxestades queren sentirse arroupadas polos nenos e nenas de Oroso, por iso esperan unha asistencia masiva para pasear polas rúas de Sigüeiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial