займ срочно

O xulgado desestima medidas cautelares e Espina y Delfín comeza a xestionar a auga de Ames

0

Ames, 16 de xuño do 2017 –  Este venres, 16 de xuño, a empresa Espina y Delfín comeza a xestionar o servizo municipal do Ciclo integral da auga en Ames. Onte o xulgado desestimou as medidas cautelares solicitadas por Acciona.

En agosto de 2015 celebrouse a primeira xuntanza da nova comisión do ciclo integral da auga co obxectivo de buscar unha fórmula de xestión do servizo municipal de saneamento e abastecemento de auga. Dende ese momento realizáronse varias xuntanzas para seguir avanzando neste eido coa elaboración dos pregos do novo contrato. Ao mesmo tempo, a comezos de novembro de 2015 a Xunta de Goberno Local aprobou a declaración do estado de emerxencia do Ciclo Integral da Auga para que a UTE Acciona Agua Espina Servicios prestase este servizo ata que finalizará o proceso de licitación do novo contrato.

Posteriormente, no pleno de abril de 2016 a corporación municipal aprobou por unanimidade os pregos técnicos que rexeron a licitación da xestión do servizo publico do Ciclo integral da auga. En novembro de 2016 a Mesa de Contratación, por unanimidade dos membros, propuxo a adxudicación da xestión deste servizo municipal á empresa Espina y Delfín SL, ao ser a que mellor puntuación obtivo en dito proceso. Esta proposta foi aprobada no pleno ordinario do pasado mes de decembro de 2016, mediante a modalidade de concesión administrativa por un prazo de 2+1+1.

De seguido, no pleno extraordinario celebrado o pasado 14 de febreiro aprobouse a suspensión do inicio da prestación do servizo do Ciclo integral da auga, que resultou do contrato formalizado o pasado 27 de xaneiro de 2017 entre o Concello e a empresa adxudicataria de dito servizo, Espina y Delfín SL, debido aos recursos de reposición presentados contra o acordo tomado en pleno o pasado 29 de decembro de 2016, de adxudicación da licitación da xestión do servizo público do Ciclo integral da auga.

A partir de aquí abriuse un período para resolver as alegacións e mailos recursos presentados a dito proceso, que se rematou no pleno celebrado o día 29 de maio coa aprobación da resolución dos recursos e alegacións presentadas durante o devandito proceso.

Coa desestimación das medidas cautelares solicitadas por acciona elimínase o último escollo para que Ames teña nova concesionaria. O xuíz indica no seu relatorio que a non suspensión fai que o recurso perda a súa finalidade e que a medida interesada si afectaría ao interese xeral xa que obrigaría a manter a prestación a unha entidade non adxudicataria. O xulgado sentenza que debe prevalecer o interese público en atender e asegurar a execución do contrato adxudicado sobre o interese económico da empresa, e de aí, que non se tomen en consideración as medidas cautelares.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies