займ срочно

Augas de Galicia culpa a contaminación do río Portapego dos problemas na rede de saneamento de Touro

0

Touro, 16 de agosto do 2018 – A Asociación Aldea Viva da a coñecer un informe de Augas de Galicia que culpa ao mal estado do río Portapego dos continuos asolagamentos da zona.

O concello de Touro pretende canalizar o Portapego para evitar os colapsos da rede de saneamento aínda que Aldea Viva xa anunciou que presentará alegacións ao proxecto. As valoracións de Augas de Galicia aparecen reflectidas na documentación exposta de xeito público, como é obrigado, sobre ese proxecto. Desde a Asociación consideran que non se pode pagar con cartos públicos obras que son responsabilidade da propietaria da mina, Explotaciones Gallegas,

Aldea Viva explica que, ademais, as actuacións propostas non solucionan o problema xa que os lodos mineiros seguirán atascando a rede. Recordan que no mes de Xullo xa denunciaron o gasto de máis de 300000 euros por parte de diferentes administracións en intentar tapar o estado do río que pasa pola capital municipal.

A Asociación acusa ao alcalde de “connivencia” coa empresa mineira

Para Aldea Viva existe unha clara relación entre o alcalde Ignacio Codesido e a empresa Explotaciónes Gallegas (máxima accionista de Cobre San Rafael). Desde o colectivo explican que todo comezou coa urbanización da actual área de servizos de Touro, e que supuxo a desaparición da canle perimetral, que evitaba a saída dos lixiviados da mina cara os ríos, e das balsas de decantación “O silencio e a permisividade do alcalde permitiron os desastres medioambientais que se veñen sucedendo dende aquela, xa que a pesares do coñecemento da situación non denunciou en ningún momento as supostas ilegalidades senón que foi colaborador necesario das mesmas como demostran feitos como o desta nova”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies