займ срочно

Augas de Galicia mellorará as marxes do río Furelos no entorno da ponte medieval

0

Melide, 29 de agosto do 2017 – As marxes do Río Furelos a altura de San Xoán serán obxecto dunha actuación de mantemento e limpeza por parte de Augas de Galicia.

A actuación do organismo autonómico centrarase na retirada de maleza e  árbores co fin de mellorar a canle e o leito do río.

Esta actuación foi solicitada a Augas de Galicia xunto con outras que están neste momento a estudarse pola rexedora melidá, Dalia García, quen o pasado maio visitou con técnicos da Consellería de Medioambente o treito do río mostrándolle aos mesmos a necesidade dunha limpeza. O lugar visitado foron as marxes do Río á altura da ponte románica xa que a proliferación de maleza e de árbores caídas é abundante e unha cuestión á que había que darlle solución.

O director do organismo autonómico Augas de Galicia, Roberto Arias, confirmou ao Concello de Melide que o vindeiro setembro está marxe do río será obxecto dunha limpeza que sen dúbida mellorará o estado da canle do Río Furelos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies