Augas de Galicia prepara traballos de limpeza en ríos de Vedra

0

Vedra, 8 de outubro do 2020 – Augas de Galicia ven de comunicar ao concello de Vedra que en próximas datas iniciará distintos traballos de limpeza en ríos do concello.

As mellora das zonas de acceso e protección afectarán a varios lugares dos concellos de Vedra e A Estrada. Os traballos desenvolveranse en lugares como A Quenlla ou Gundián e en parroquias como Ribadulla ou Arnois.

Os operarios limparan de maleza, árbores caídos ou madeira morta as canles de ríos como o Ulla, o Pazos ou o Vieites. Asi mesmo faranse desbroces selectivos limitados ao ancho da canle en tramos cubertos pola maleza.

Augas de Galicia prepara traballos de limpeza en ríos de VedraTodos estes traballos, que Augas de Galicia desenvolverá no concello de Vedra, forman parte do mantemento das coñecidas como ARPSI, Áreas con Risco Potencial ou Significativo de Inundación e afectarán a uns catro kilómetros de curso fluvial.

A actuación é parte do contrato adxudicado por Augas de Galicia para o mantemento e mellora do dominio público das bacías de Galicia no ámbito territorial Galicia centro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial