займ срочно

Augas de Galicia tratará a retención de sedimentos no río Furelos en Melide

0

Melide, 31 de maio do 2018 –  A alcaldesa de Melide reuniuse co o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, do que conseguiu o compromiso para buscar unha solución aos problemas do río Furelos.

Augas de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, encargará de inmediato un proxecto técnico que dea solución á retención de sedimentos detectada na zona de baño do río. O Concello pretende dar un novo pulo a esa área de lecer. Con tal fin, en paralelo ao traballo da Administración autonómica, xa encomendou a un equipo de científicos da Universidade de Santiago a procura de fórmulas para mellorar a calidade ambiental do río, e sobre todo da praia fluvial. Os expertos estudarán todas as melloras que precise a canle e mesmo se actuacións levadas a cabo con anterioridade prexudican o medio hoxe. O ditame dos científicos será compartido coa Administración autonómica, do mesmo xeito que os científicos terán acceso á información que obra en poder da Xunta.

Melide reforzou tamén o labor de vixilancia para evitar que actuacións incívicas deterioren a calidade ambiental do Furelos. Asemade, comezou unha campaña de seguimento da calidade das augas, que reforza os controis habituais realizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Aínda que as primeiras análises encargadas a un laboratorio acreditado determinan que a praia fluvial do Furelos é apta para o baño na actualidade, as probas realizadas pola Xunta anteriormente, que foron publicadas onte pola Axencia Europea de Medio Ambiente, aconsellan cualificar as augas como de calidade insuficiente. Seguindo esas prescricións e o que marcan as normativas europea e estatal, o Concello procederá axiña a instalar carteis na contorna do Furelos que informarán debidamente aos veciños.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies