Aula biosaudable para o ximnasio de Melide

0

Melide, 12 de abril do 2019 –  O Concello de Melide vén de aprobar en Xunta de Goberno Local a ampliación do ximnasio municipal cunha aula biosaudable anexa ao edificio actual.

A superficie construída do novo anexo do ximnasio será de 109 metros cadrados. O proxecto, que conta cun orzamento de 59.976, 83 euros, poñerase en marcha para ampliar a oferta deportiva e de ocio da vila cun equipamento multifuncional e adaptable a distintas actividades e colectivos.

A ampliación realizarase ao noroeste da fachada da piscina municipal e contará con acceso propio e tamén será accesible desde a propia recepción do edificio do ximnasio e poderá funcionar de maneira conxunta ou independente. Será un espazo que acollerá actividades dirixidas como pilates, aerobic, step, zumba, tonificación, baile moderno, etc…ou outras modalidades deportivas segundo a demanda dos usuarios e usuarias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial