A aula CeMIT de Ames organizará cursos de achegamento á Administración electrónica

0

Ames, 8 de xaneiro do 2018 –  Durante o mes de xaneiro a Aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, organiza un ciclo de tres cursos centrado no achegamento do cidadán á Administración electrónica.

A aula CeMIT tratará temas como o DNI e o certificado electrónico, outros modelos de firmas dixitais, búsquedas na rede o seguridade en Android. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera destas actividades, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web CeMIT (https://cemit.xunta.gal/gl/centro/9), achegándose á aula CeMIT situada na Casa da Cultura de Bewrtamiráns, chamando ao número de teléfono 662 371 511 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal

O primeiro curso, denominado DNI electrónico e certificados dixitais, impartirase do 9 ao 16 de xaneiro, os martes e xoves, de 10:00  a 11:30 horas. O DNI dispón dun chip que nos permiten identificarnos online e acceder a moitos recursos e trámites a través de Internet.

O segundo curso que se inclúe dentro deste ciclo chámase Trámites electrónicos e xestión de información. Esta actividade impartirase os martes e xoves, en horario de 10:00 a 11:30 horas, dende o 18 ata o 23 de xaneiro. Neste curso afondarase un pouco máis nos trámites electrónicos e coñeceranse as ferramentas que existen ademais do DNIe e do certificado dixital. O terceiro e último curso do ciclo é Trámites electrónicos co Concello de Ames. Impartirase os martes e xoves, de 10:00 a 11:30 horas, do 25 ao 30 de xaneiro. Trátase dun curso centrado nos trámites coa sede electrónica do Concello de Ames.

Cursos para adultos

Por outra banda, durante o mes de xaneiro a aula CeMIT impate dous cursos para adultos. O primeiro, Atopa na rede, comeza hoxe e durará ata ao 17 de xaneiro, os luns e mércores, de 18:15 a 19:45 horas. Nesta actividade ofrecerase información sobre os buscadores que ofrecen a posibilidade de facer unha busca avanzada mediante operadores, filtros, distintas seccións de busca, respostas rápidas. Ademais, impartirase o curso Android seguro para pais e nais, os mércores 24 e 31 de xaneiro, en horario de 18:15 a 19:45 horas. O obxectivo é que os pais e nais coñezan as plataformas móbiles ás que acceden os seus fillos/as para poder ter certo control sobre o seu uso.

Cursos para nenos/as

Os nenos tamén poderán acudir as actividades da Aula CeMIT durante este mes de xaneiro, para iso é necesario rexistralos na Aula CeMIT. Deste xeito, desde mañá ao 13 de febreiro haberá un curso de informática para nenos/as. Impartirase os martes, en horario de 18:15 a 19:45horas. Trátase dun curso de iniciación á informática no que os nenos/as aprenderán a usar o rato e mailo teclado. Ademais aprenderán a manexar as xanelas, carpetas e documentos creados por eles mesmos, e aprenderán a facer buscas por Internet.

Outro dos cursos dirixidos aos nenos/as é o de mecanografía que se desenvolverá do 11 de xaneiro ao 15 de febreiro. É un curso de introdución e práctica co teclado de 45 minutos por sesión. Ideal tanto para iniciarse como para repetir curso e continuar mellorando. Haberá dous grupos: un para a menores de 10 anos (impartiranse as clases os xoves de 18:15 a 19:00 horas) e outro para maiores de 10 anos (impartiranse as clases os xoves de 19:00 a 19:45 horas).

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies