A Aula da Natureza de Ames vaise de acampada e organiza a Espartan Race

0

Ames, 24 de outubro do 2018 – A noite do próximo venres a Aula da Natureza de Ames vaise de acampada nunha actividade dirixida a cativos de 12 a 16 anos e que xirará en torno a temática espartana.

O programa

Para chegar á Aula, onde se realizará a acampada, un autobús recollerá aos rapaces/as ás 17.30h na Casa da Cultura do Milladoiro e ás 17.45h na praza do Concello de Bertamiráns. Unha vez alí, os participantes montarán as tendas e gozarán de tempo libre para aclimatarse e realizar unha serie de xogos deportivos ata a hora da cea. A continuación, chegará a Espartan Race, unha ruta teatralizada chea de misterio e diversión polo monte da Ameixenda, durante a que deberán intentar resolver o Misterio da VII lavandeira. Ao día seguinte, despois do almorzo, os participantes realizarán diversas probas de salto, cordas, barras de aceiro, lanzamentos, etc. Tralas actividades e unha ducha para relaxarse, tanto mozos/as como monitores prepararán xuntos unha comida medieval. Tralo banquete, e para despedir a xornada, os participantes recollerán o campamento e, arredor das 22.00 horas, regresarán as casas.

Nenos no Bosque. Casiñas para trasnos

O domingo 28 de outubro, a partir das 11.30 horas, a Aula da Natureza tamén organiza un paseiño polo bosque para nenas e nenos de 2 a 6 anos. Coñecedores do importante que resulta manter o contacto coa natureza dende pequenos para comprender a importancia da mesma, este paseo fomentará que os nenos/as vaian aprendendo sobre o que os rodea mentres fan amizade cos seus compañeiros. Así, durante o paseo, os cativos e cativas percorrerán a senda dos cabaliños do demo, nos arredores da Aula da Natureza, na que verán e poderán apalpar distintos elementos naturais como follas, musgos, troncos ou pedras, entre outros, ao tempo que coñecerán algúns nomes do que se medra e habita. Para completar a actividade, os nenos tamén construirán agochos para trasnos.

Inscricións

Para participar nalgunha destas actividades é necesario inscribirse enviando o formulario –que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova– ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial