займ срочно

Aumenta o número de positivos en Ordes e Melide (25/08/2020)

0

Bisbarra, 25 de agosto do 2020 – O número de positivos na bisbarra segue crecendo e nas últimas horas súmanse gromos en Compostela.

Ordes, que se mantiña con sete positivos en atención domiciliaria desde hai semanas, informa de se novos positivos polo que o número total chega aos 13.  

Melide pola súa banda informa de 11 novos positivos despois de coñecer os datos das PCR realizadas no centro de saúde a pasada semana. Sumados estes casos aos 21 xa coñecidos fan un total de 32 casos na vila.

Muros parece estabilizarse en 18 casos, 10 que se corresponden co gromo do cámping e o resto do negocio de hostalería. Séguense a facer probas e rastreos entre a poboación que estivo en posible risco.

Compostela con dous gromos

A situación da capital dou un xiro nos últimos días con dous gromos que preocupan polas consecuencias que poderían ter.

Por un lado detectáronse 6 positivos no centro de distribución que Correos ten en Lavacolla. O sindicato CGT considera alarmante a situación xa que os positivos corresponden a quendas de traballo distintas e esixe a realización de PCR a todo o persoal. As últimas informacións falan de 86 probas realizadas onte que o sindicato considera insuficientes. Explican ademais que se está a correr un enorme risco de transmisión interna e piden que no caso de que aumente o gromo se faga un peche cautelar das instalacións.

O outro gromo aparece na residencia Volta do Castro e trátase dun empregado que da positivo. Polo momento é o único caso pero no día de onte fixéronse PCR a 131 residentes e 162 traballadores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies