Piden información sobre a ausencia da Policía Local de Ames en distintos eventos

0

Ames, 10 de agosto do 2018 – Pacto x Ames ven de presentar un escrito por rexistro reclamando información sobre as queixas veciñais pola ausencia da Policía Local en numerosos eventos e polo peche da oficina de Bertamiráns en distintas ocasións.

Según o grupo político a situación da Policía Local afecta tamén a Garda Civil do Milladoiro coa que colaboraba activamente e que agora atópase sen ese reforzo. Pacto x Ames engade que, con respecto a anos anteriores, nestas datas a presenza da Policía Local está diminuíndo considerablemente.

Entre as ausencias que máis reproches xeraron está a da procesión da Madalena do pasado domingo ou os peches ocasionais da oficina de Bertamiráns algo que, según Pacto x Ames, hai anos que non sucedía. Tamén denuncian o botellón incontrolado acontecido na noite do luns no Milladoiro e que tivo como resultado que os arredores da Travesía do Porto amencese cheo de lixo.

Según Pacto x Ames “a situación creada polo goberno tripartito, co alcalde socialista á cabeza como máximo responsable da seguridade, volve a deixar a vista as grandes eivas dun goberno descabezado, sen rumbo, manexado polos máis radicais que non disimulan a súa falta de empatía cos uniformes e con todo o que representan”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial