займ срочно

Denuncian a falta de médicos nas ausencias xustificadas nos centros de saúde de Calo e Os Tilos

0

Teo, 25 de novembro do 2017 – O Bloque Nacionalista Galego denuncia que nos centros de saúde de Calo e dos Tilos non se cobren as ausencias xustificadas do persoal.

O BNG de Teo tivo coñecemento por parte de usuarias dos centros de saúde de Calo e dos Tilos que non hai atención pediátrica o venres 24 de novembro, e que como alternativa foron enviadas ao Servizo de Urxencias do CHUS.

Según explican os nacionalistas “a instrución do SERGAS diante da ausencia temporal xustificada da pediatra titular, que está no seu dereito, normalmente viña sendo enviar ás e aos pacientes ao centro de saúde de Cacheiras, mais esta vía recorrente entendemos que non fai máis que colapsar o servizo, e agora envíanse directamente ao Servizo de Urxencias do CHUS”.

O BNG diante desta situación reclama que se cubra a baixa ou ausencia da titular polo tempo que sexa necesario con novo persoal, tanto para evitar colapsos en Cacheiras, como para evitar, como neste caso, que os pacientes e familiares teñan que desprazarse ao CHUS “con todos os inconvintes que ten ir a Urxencias tanto polo desprazamento como polo tempo de agarda, cando teñen un servizo nos seus centros de saúde”.

O BNG, a través da deputada no Parlamento galego Montserrat Prado Cores, pedirá explicacións e esixirá a cobertura das ausencias dos facultativos nos centros de saúde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies