Autorizan o aumento da potencia da subestación de Padrón

0

Padrón, 1 de febreiro do 2021 – O BNG de Padrón denuncia que se autorizou o aumentou de potencia da subestación eléctrica sen contar co concello.

Hai escasos días, o 27 de xaneiro, publicouse no Boletín Oficial da Provincia a autorización. A Xefatura Territorial concede autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica. Un anuncio que se corresponde co aumento de potencia da subestación de Padrón.

Sen información no concello

O BNG lembra que no pleno municipal do día 28, un día despois da publicación, o alcalde recoñecía non ter información sobre esa autorización nin ter recibido consultas ao respecto.

A propia resolución publicada especifica que se trata do “Proxecto de execución nomeado: subestación Padrón 66-20 kV ampliación de potencia”.

Blindaxe da subestación

No ano 2015 a empresa solicitou permiso para obras de blindaxe da instalación. O BNG e o concello presentaron alegacións aínda que a obra foi finalmente autorizada.

Os nacionalistas lembran que  se preguntou en varias ocasións si a blindaxe da subestación de Padrón suporía u aumento de potencia recibindo sempre unha resposta negativa.

Os nacionalistas explica a situación dunha familia desde que se realizaron esas obras “leva sufrindo unha contaminación acústica insoportable, especialmente intensa en horario nocturno, que lles fai imposible o descanso. A situación é desesperante. Nin o concello, nin a empresa, nin dende a Xunta se lle facilitou a esta familia solución ou explicación algunha a este problema”.

Bea Rei, voceira do BNG en Padrón fixo unha batería de preguntas sobre esta cuesitión, que só tivo como resposta un encollemento de ombreiros e cara de sorpresa do señor alcalde, recoñecendo que non sabía nada do asunto. Para o BNG de Padrón resulta “un abuso, tomadura de pelo e ninguneo de Padrón e dos seus veciños por parte da Consellería que nin avisa ao alcalde do seu partido. O realmente grave é que hai serios problemas coa subestación e as liñas que atravesan zonas residenciais de Padrón, que vanse agravar co incremento de potencia”.

O BNG demanda que se paralice esta ampliación en tanto non se subsanen os problemas coñecidos e se facilite información sobre as implicacións deste incremento de potencia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial