Avelaiña Teatro presentan en A Estrada a obra A Lola

0

A Estrada, 20 de abril do 2018 – A Asociación Cultural “Vagalumes”, a través do PONTEGAL da Deputación de Pontevedra, trae á Estrada a obra de Avelalíña Teatro A Lola. Representarase o vindeiro venres 27 de abril no teatro principal ás 20:30 h. A entrada será libre e gratuíta.

A Lola da  que é autor Manuel Ayán e que vén de publicarse en edicións Laiovento, está a percorrer os escenarios deste país con grande éxito por como trata un asunto fundante do noso presente: a represión franquista. A eza fala de todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista. O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da Segunda República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o “pasado non ausente”, ou sexa, polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.

Na trama de A Lola David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e visitan a casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos. Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre as dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas  fronte as ideas constitucionais de progreso e liberdade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies