En abril remata o prazo de solicitude de axudas para o pintado de fachadas no casco histórico de Compostela

0

Compostela, 28 de marzo do 2018 –  O 12 de abril é a data límite para solicitar ante o Consorcio axudas para o pintado de fachadas na zona vella de Compostela, incluídas no programa Ter e manter.

Ter e manter está dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, por un importe global de 150.000 euros. Esta subvención abrangue as fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpinterías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e reixerías dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica, aínda que en esta convocatoria preténdese fomentar o pintado das fachadas.

Beneficiarios das axudas

Poderán beneficiarse destas axudas tanto as persoas físicas ou xurídicas como unha agrupación de persoas físicas ou xurídicas; propietarias, inquilinas ou aquelas que teñan algún dereito de uso sobre os inmobles. Tamén poderán ser beneficiarias as comunidades de propietarios. No suposto de que sexa imprescindible a substitución da cubrición para mellorar o comportamento térmico do edificio, subvencionarase tamén o custo desta substitución. Ademais, con carácter especial, e co obxecto de fomentar a mellora das instalacións de pluviais da cidade histórica, subvencionarase o custo de substitución dos canlóns e baixantes de pluviais deteriorados, así como os gardacanos e a conexión da instalación á rede xeral. As axudas inclúen os custos adicionais e indispensables para a realización das obras como a colocación de andamios, así como os honorarios profesionais de redacción da documentación técnica e dirección da obra.

Valorarase o nivel de ocupación dos inmobles

Os inmobles deberán presentar condicións suficientes de seguridade estrutural e de estanquidade fronte á choiva. Deberán ter unha antigüidade superior aos dez anos; e estar destinados a vivenda, como mínimo, os 2/3 da súa superficie útil, excluídas a planta baixa e as plantas soto. As solicitudes poderán presentarse no rexistro do Consorcio de Santiago ou en calquera outro rexistro. Na avaliación das mesmas valorarase que se dispoña dun Plan de Mantemento para o edificio e primarase a incorporación de novos solicitantes. Tamén se terá en conta o nivel de catalogación ou de interese arquitectónico do inmoble, xunto ao seu nivel de ocupación.

A cuantía da subvención será do 40% do presuposto máximo subvencionable. Para resolver calquera dúbida desta convocatoria, os interesados deberán poñerse en contacto ou acudir á Oficina Técnica do Consorcio de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial