займ срочно

Propoñen o baleirado gratuíto de fosas sépticas de Compostela en núcleos sen saneamento

0

Compostela, 22 de febreiro do 2021 – O Partido Popular de Santiago levará a pleno unha iniciativa para estudar a posibilidade de implantar un servizo municipal de baleirado de fosas sépticas.

O servizo estaría dirixido aos núcleos rurais que non dispoñan do necesario servizo público de saneamento. A iniciativa, asinada pola concelleira Ana Sabel, contempla a posibilidade de ofrecer este servizo de xeito gratuíto, cando menos para as vivendas afectadas polas ordenanzas 5,6 e 11 do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), vivendas que sen ter servizos básicos tributan como ámbitos urbanos,  e para todas as persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade.

Unha necesidade urxente

Para os populares a ausencia de saneamento integral en vivendas illadas e núcleos de poboación é unha das máis urxentes desde o punto de vista ambiental. A concelleira Ana Sabel explica que “as estatísticas sinalan que máis dun cento de núcleos rurais do noso Concello, preto do 60% do total, non dispoñen de saneamento, polo que un número moi importante de propietarios de vivendas se ven obrigados a resolver a recollida das augas residuais mediante a instalación de fosas sépticas, mentres a Administración local non consiga achegarlles este servizo básico”.

O baleirado, traslado e tratamento de estes residuos é un problema recorrente no rural. O traballo pode supoñer un custo superior aos cen euros en cada ocasión polo que desde o PP consideran que isto é un importante atranco para moitas familias.

Segundo se recolle na iniciativa popular, este servizo está a ser abordado xa por varios concellos galegos de distintas formas, algúns o teñen incluído na concesión do servizo do ciclo integral da auga e outros mesmo teñen adxudicado o servizo mediante un concurso público específico para o baleirado das fosas sépticas. “É dicir, existen distintas opcións para a prestación deste servizo, entre as que se podería establecer, no noso caso, a posibilidade de integrar este servizo no prego para a licitación do servizo de abastecemento e saneamento no que está a traballar o Goberno municipal”, conclúe a concelleira popular.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies