A Baña organiza unha camiñada pola antiga ruta Santiago-Muxía

0

A Baña, 19 de xullo do 2017 –  A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello da Baña organiza este venres unha camiñada para dar a coñecer e promocionar o tramo da antiga ruta do Camiño de Santiago cara a Muxía por Brandomil.

Os interesados en participar deberán anotarse no teléfono 981 886 777

Nesta primeira andaina, os participantes farán só uns 5 quilómetros entre las localidades de San Cibrán e Busto, do total de once cos que conta esta antiga ruta cara o fin do mundo.

Neste intres xa hai máis de 50 persoas inscritas, que empezarán a andar ás 09.30 horas dende San Cibrán. O Concello da Baña entregará unha acreditación a cada participante, que contarán tamén cun guía que lles contará os aspectos máis salientables deste tramo.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies