A Baña solicita a mellora  do cruce de A Carballeira-Espesedo coa AC-546 Negreira-A Pereira

0

A Baña, 12 de febreiro do 2017 –  O Concello da Baña acaba de remitir un informe á Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestructuras (AXI) no que solicita incrementar a mellora na seguridade viaria no entronque do vial municipal A Carballeira-Espesedo coa AC-546 Negreira-A Pereira, de titularidade autonómica.

Según explica o alcalde de A Baña, Andrés García Cardeso, esta solicitude ten por obxecto mellorar a visibilidade e a seguridade no abanico do tramo municipal para facilitar as manobras de entrada e saída. “Recibimos queixas de conductores que incidían na pouca visibilidade para incorporarse á estrada autonómica. Personados con técnicos municipais na zona comprobamos os feitos e redactouse un informe que remitimos hai uns días ao xefe de servizo da Delegación Provincial da AXI na Coruña”, subliña o rexedor.

A medida implicaría recortar a varanda existente na zona de abatemento o que permitiría mellorar o abanico da estrada en dous metros “e manobrar con máis seguridade na entrada e saída do vial municipal de A Carballeira a Espesedo”.

Según indica o mandatario de A Baña, a medida non afectaría á protección da estrada autonómica. “O que propoñemos é recortar a varanda de protección na súa zona de abatemento nun metro por cada lado. Isto contribuiría a mellorar a visibilidade para os conductores que dende a estrada municipal se incorporen á autonómica e que terían así un abanico de visibilidade máis amplo”, recalca Andrés García Cardeso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial