O equipo de goberno de A Baña seguirá sen soldo

0

A Baña, 29 de agosto do 2019 – Xuntos nun só punto ou por separado, como no pleno de este mércores, os soldos do alcalde e primeira tenente de alcalde da Baña seguen sen conseguir os votos necesarios para ser aprobados.

O pasado luns celebrouse a sesión informativa previa ao pleno. Os soldos do alcalde José Antonio Pereira e a concelleira Mónica González leváronse en puntos separados pero coas mesmas cantidades que a última vez. O resultado de esa reunión previa seguiu sendo unha abstención de Compromiso e o voto contrario do PP que anticipaban xa que o soldo dos edís non se aprobarían no pleno.

Unha chamada e unha declaración

No transcurso da sesión desvelouse que un día antes o alcalde chamara aos portavoces de Compromiso e PP cunha nova proposta aínda que non quedou claro en que consistía. Compromiso criticou estes cambios de última hora e o seu portavoz, Cesar Ramos, insistiu en que a súa oferta segue sendo unha reunión na que, coa declaración da renda diante, se marque unha remuneración equivalente ao soldo que se tiña máis un dez por cento

Cesar Ramos insistiu tamén no feito de que a declaración da renda a pediran o 17 de xullo e que seguía sen estar a disposición dos concelleiros. O alcalde, o socialista José Antonio Pereira, culpou ao anterior secretario de non ter avisado de que non estaban entregadas as declaracións e insistiu en que un alcalde ten que ter un soldo digno acorde coa responsabilidade e non co que cobraba no traballo anterior

A concelleira de Educación e Primeira Tenente de alcalde, Mónica González,  tamén quixo explicar a súa postura ao non ser aprobada tampouco a súa dedicación parcial. Defendeu o traballo feito desde que entraron pero lembrou que si non cobran terán que dedicarlle menos tempo ao concello

Ordenanza Bos días

Ao marxe dos soldos o pleno aprobou a ordenanza reguladora do servizo de madrugadores que terá agora que ser licitado e adxudicado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial