O Banco Santander encargarase do servizo de tesourería e da xestión da recadación en Ames

0

Ames, 25 de xaneiro do 2017 –  O goberno municipal de Ames vén de aprobar, en Xunta de Goberno Local, a adxudicación do servizo de tesourería e recadación das taxas polos servizos públicos de abastecemento, saneamento, depuración e residuos sólidos urbanos, á entidade bancaria Banco Santander.

Este servizo está vinculado ao novo sistema de recadación de taxas previsto no Ciclo Integral da Auga, na que o Concello de Ames emitirá os recibos a través da concesionaria e os ingresos se realizarán nunha conta de titularidade municipal. No pasado mes de outubro o Concello de Ames abriu un proceso de licitación, a través dun procedemento negociado, no que se invitou a todas as entidades financeiras con oficina no termo municipal (Abanca, Banco Pastor, Banco Sabadell, Banco Santander, BBVA, La Caixa -actual Caixabank-) co obxectivo de licitar o servizo de tesourería e recadación das taxas dos servizos anteriormente indicados.

Unha vez finalizado dito procedemento, o goberno municipal acaba de adxudicar o servizo de tesourería e de entidade xestora da recadación das taxas polos servizos públicos de abastecemento, saneamento, depuración e residuos sólidos urbanos á entidade bancaria Banco Santander.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, como responsable do departamento de Contratación explicou que “con este cambio recollido nos pregos do procedemento de licitación do Ciclo Integral da Auga, o que pretende o goberno é ter información detallada deste servizo que é un dos máis importantes do Concello. Coñecer en todo momento os gastos que supón para as arcas municipais e os ingresos obtidos por este servizo, non tendo que acudir ao concesionario para obter esa información porque disporemos dela de xeito inmediato o que nos vai permitir avanzar no estudo da municipalización do servizo”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies