A banda das Crechas prepara unha foliada especial para apoiar aos refuxiados de Grecia

0

Compostela, 16 de maio do 2018 –  Esta noite, 22:30 3€, a Casa das Crechas celebra unha das súas tradicionais Foliadas pero, en este caso, todo o recadado irá para o proxecto Elea, de apoio aos refuxiados de Grecia.

Elea é unha organización independente formada por voluntarios de todo o mundo e financiada por doazóns privadas que leva traballando no campo de refuxiados Eleonas, situado nos arredores de Atenas, en Grecia, durante máis de dous anos.

Este proxecto naceu da necesidade de mellorar as condicións e calidade de vida dos milleiros de refuxiados que están retidos no país mediterraneo desde o peche das fronteiras producido en 2016. Elea axuda no día a día dos máis de 2500 residentes de 26 grupos étnicos diferentes (procedentes de Siria, Afganistán, Irán, Iraq, Paquistán, Guinea,…) desenvolvendo un programa de máis de 30 actividades educativas, artísticas, deportivas, culturais, ambientais e de integración social, centradas en dignificar a súa situación ante a pasividade da UE.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies