займ срочно

A Banda Municipal de Santiago comeza a tempada colaborando cos Amigos da Ópera

0

Compostela, 2 de outubro do 2018 – A Banda Municipal de Música de Santiago inicia o Ciclo de Outono este sábado cunha ‘Gala Lírica & Antoloxía de Zarzuela’ na que colabora coa Asociación de Amigos da Ópera.

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra e o director da Banda Municipal, Casiano Mouriño e Jesús Couceiro, presidente da Asociación de Amigos da Ópera, foron os encargados de presentar o evento que terá lugar as oito e media da tarde no Auditorio de Galicia.

A Banda estará acompañada estará acompañada polo portugués Orfeón de Vila Praia de Áncora, dirixido por Francisco Presa; Margarita Guerra ás castañolas; a soprano Clara Panas; a mezzosoprano Sandra Ferrández; o tenor Eduardo Sandoval; e o barítono Javier Franco. Con este espectáculo,  ademais de iniciar o curso e comezar o Ciclo de Outono, continúase coa celebración do 170 aniversario da agrupación.

O concerto comeza cunha primeira parte na que interpretarán ‘El barberillo de Lavapiés’, Zarzuela de Barbieri en tres actos en versión concerto. Na segunda parte poderemos escoitar fragmentos de ‘La verbena de la paloma’ de Bretón; ‘La canción del olvido’ e ‘Los claveles’ de Serrano; ‘La del Soto del Parral’ de Soutullo e Vert; ‘La tabernera del puerto’ e ‘Don Manolito’ de Sorozábal; ‘Luisa Fernanda’ de Moreno Torroba; ‘La revoltosa’ de Chapí; e.’El baile de Luis Alonso’ de Giménez.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies