A Banda Xuvenil de Música de Arca dou o seu primeiro concerto co gallo do Día das Letras Galegas

0

O Pino, 20 de maio do 2018 – As actividades organizadas pola Concellaría de Cultura de O Pino co gallo do Día das Letras Galegas foi a ocasión elixida para que a Banda Xuvenil de Música de Arca ofrecese este sábado o seu primeiro concerto.

O director da Banda Xuvenil de Música de Arca, José María Blanco Pampín, agradeceu a invitación do Concello e sinalou que coa implicación dos mozos e mozas o futuro da centenaria Banda de Música de Arca “ten futuro”, ao tempo que indicou que algúns dos integrantes da Banda Xuvenil xa tocan tamén cos maiores.

Formada por unha vintena de mozas e mozos a Banda Xuvenil de Música de Arca ofreceu un concerto variado, “porque a música é un idioma universal en sí mesmo”, como dixo o director, facendo gozar ao público que asisteu ao auditorio da centro cultural Luis Seoane. Así, interpretaron unha selección dos Blues Brothers e despois trasladaron ao público ao oeste americano con ‘Moment for Morricone’

Antes da actuación da banda, unha trintena de nenos e nenas puideron gozar coas actividades que lles organizou a Asociación Feitizo, un colectivo do Pino que, de xeito desinteresado, colaborou co Concello oroganizando xogos de pistas e rastreo, crebacabezas, marionetas e un mosaico con obras de María Victoria Moreno, a escritora de orixe extremaño á que este ano se adicou o Día das Letras Galegas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial