займ срочно

A Banda xuvenil de Vilatuxe vence na sección terceira do XI Certame Galego de Bandas de Música

0
Banda de Vilatuxe

Banda de Vilatuxe

Compostela, 26 de novembro do 2017 – A Banda xuvenil de Vilatuxe proclamouse gañadora da sección terceira do XI Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Popular (FGBMP), co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través de AGADIC, no Auditorio de Galicia.

Banda de Meaño

A Banda xuvenil de Vilatuxe, dirixida por Víctor M. Vilariño Salgado venceu na sección terceira (bandas con ata 50 músicos) con 422 puntos, en segundo lugar quedou A Lira de Ribadavia con 350 puntos, e completou o podio a Banda xuvenil da Escola de Música de Meaño con 336 puntos.

As outras bandas que deleitaron ao numeroso público asistente foron a Xove Banda de Valga, premio á mellor interpretación de temática galga e a Banda de música de Salvaterra de Miño. O primeiro premio está dotado con 1500 €, o segundo con 1100 € e o terceiro con 800 €.

Banda de Ribadavia

O xurado internacional conformado polo compositor Juan Durán, o compositor e director Ferrer Ferrán e o compositor Laurence Roman, anunciou o seu veredicto ás 21 h. tras valorar afinación, planos sonoros, ensamblaxe, calidade sonora, técnica, dinámicas, articulación, musicalidade e interpretación xeral da obra de cada unha das bandas participantes. As cinco bandas interpretaron un pasodobre (fóra de competición), unha obra libre e unha obra de carácter obrigatorio, Á maneira dos aires rapsódicos, de Xesús Xosé Iglesias. A obra libre defendida pola Banda xuvenil de Vilatuxe foi Spartacus de Jan Van der Roost, e o pasodobre, Enrique Melio, de Simón Couceiro.

O segundo día de competición

Banda de Salvaterra

Hoxe continuará a competición coas tres bandas que participarán na sección segunda (de 51 a 70 músicos) e máis coas dúas que o farán na primeira (bandas con máis de 71 compoñentes). A xornada arrancará ás 16.00 h. coas bandas da Sección Primeira. En primeiro lugar actuará “Sons e Soños” de Rábade – Begonte – Outeiro de Rei, seguida pola Banda de música Cultural de Teo (17.00 h.),.

Pola súa banda, a competición na sección primeira comezará ás 18.15 h. coa actuación da Agrupación Musical da Limia, continuará coa participación da Banda de Música Municipal de Caldas de Reis (18.55 h.) e rematará coa presencia no escenario da Banda de Música de Sanxenxo, ás 19.35 h. Posteriormente terá lugar o acto de clausura do Certame, coa intervención das autoridades e a entrega dos premios, tanto do XI Certame de Bandas, como do X Certame de Composición.

Banda de Valga

Toda a xornada foi retransmitida en directo a través de streaming e polas redes sociais, nas que centos de persoas participaron activamente ao longo de todo o día, facilitando que todo aquel que non puidera achegarse ata o Auditorio de Galicia puidera gozar do Certame. A FGBMP renova así un ano máis o seu compromiso coa cultura galega.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies