Bandeira contará de novo con dous médicos desde a vindeira semana

0

Silleda, 11 de xaneiro do 2019 –  O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, vén de recibir por parte da xerente do Sergas, Eloina Núñez, a confirmación de que a partir da vindeira semana estarán cubertas as dúas prazas de médicos no consultorio médico da Bandeira.

A mediados do pasado mes a xerencia xa se comprometerá co alcalde a cubrir as dúas prazas de médicos despois das vacacións de Nadal. “Agardamos que así sexa e que o centro poida funcionar con normalidade para ofrecer aos usuarios unha atención sanitaria axeitada, evitando retrasos nas citas médicas ou a ausencia de médicos por mor de urxencias como ten acontecidos nos últimos meses”, indica o alcalde.

Esta resposta é consecuencia da reclamación realizada o pasado mes de decembro polo rexedor ante a preocupación dos usuarios polo retraso na concesión de citas. Estes retrasos producíanse precisamente pola existencia dun único facultativo traballando no consultorio de Bandeira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial