займ срочно

Bao de vaca do Asador O Carmelo mellor petisco de Teo

0

Teo, 9 de outubro do 2018 – Unanimidade entre clientes e xurado do Tap Teo para premiar como mellor petisco ao Bao de Vaca do Asador O Carmelo.

O Bao de vaca gañador e según os propietarios unha “fusión entre o coñecido “bocadillo rueiro de Taiwan” e a nosa carne de Vaca Galega criada na nosa propia leira. Gua bao, carne de vaca, kimchi, jalapeño…”.

Manuel Gago e Adela Gonzalo co alcalde de Teo Rafa Sixto

O TapTeo tiña dous premios ao primeiro e segundo mellor petisco, unha valoración que sae da media da puntuación da primeira quenda de xurado e das que marcaron os clientes nos pasaportes selados e depositados nas urnas dos locais. O segundo mellor petisco foi a Luriña rechea de mariscos do Restaurante Parada de Francos. Neste caso presentábase unha luriña en tinta de sepia rechea de carne de boi de mar e centola da ría con pan de tinta de sepia

Esta edición do concurso contou con dous xurados. O primeiro deles estivo formado por Miguel Pampín, Jesús Sordo e Rafael Ferreira e o segundo por Manuel Gago e Adega Gonzalo. Precisamente este segundo xurado, que valorou só cinco petiscos, tamén coincidiu en que a mellor elaboración era o Bao de vaca do Asador O Carmelo. Conchi García, concelleira de Tursimo, agradece “o traballo desinteresado das persoas que formaron parte do xurado”. Destaca que “é importante complementar a opinión da clientela coa valoración de persoas expertas no tema da gastronomía para seguir mellorando na nosa oferta” .

Os establecementos que tiveron o recoñecemento de mellor petisco terán por parte do Concello e dos patrocinadores do sorteo un agasallo. O primeiro petisco e premio especial do xurado, que neste caso coinciden, recibirá 8 botellas de viño da DO Subzona do Ulla das bodegas de Teo, dous tarros de mel artesana dun produtor local e dúas caixas de viño Ponte da Boga. Ao local do segundo mellor petisco entregaránselle catro botellas de viño da DO Subzona do Ulla das bodegas de Teo e un tarro de mel.

Miguel Pampín, Jesús Sordo e Rafael Ferreira co alcalde Rafa Sixto e a concelleira Conchi García

Mañá mércores 10 de outubro, nun acto público ás 13:00 horas no salón de plenos, farase a entrega destes agasallos e dos premios aos pasaportes premiados, segundo establecías as bases do TapTeo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies