займ срочно

Barahunda nas Crechas presentando o seu novo traballo ‘Onde vai o mar’

0

Compostela, 20 de febreiro do 2019 – A Casa das Crechas acolle este xoves a presentación do novo disco de Barahunda, a cita a partir das 9 da noite ten un prezo de 5 euros.

Barahunda é un dúo de músicos madrileños, residentes no Barbanza, formado por Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro. ‘Onde vai o mar’, é o seu novo disco, o cuarto xa, que segundo eles “arrecende a algas e a foresta, feito co amor de quen foi criado lonxe, na cidade, terra adentro”.

Vinte anos de “universo Barahúnda” cristalizan nun disco gravado durante 2018 e autoproducido en colaboración con outros destacados músicos como José Luís do Pico Orjais, Txema Mawenya, Nacho de Alfonso, Ángel Ramallo, Jose Climent, Sabela Galbán e Aldara Muiños.

Os cantos de Helena e as guitarras de Jose son arroupados polas cálidas percusións de Txema e polo rajao e a zanfona de José Luís. E máis baixo, violín, clarinete, acordeón….

O galego nas súas diversas formas é o fío condutor da maior parte da lírica desta obra. Letras propias en varias cancións e de poetas actuais como Xosé Iglesias ou Teresa Moure, ou do século XIII en dúas cantigas galego-portuguesas. Todo con música composta por Barahúnda. Un tema de Narf musicando a Lorca. Un alalá a Rianxo. Unha canción en inglés do século XVII e mais unha das cancións galegas de Zeca Afonso completan o álbum.

Helena de Alfonso (voz e composicións) e José Lara Gruñeiro (guitarras e composicións son os dous músicos que dirixen o proxecto Barahúnda. O grupo complétase con José Luís do Pico Orjais (multiinstrumentista) e Txema Mawenya (percusións). Foi fundado polos dous primeiros en 1998 en Madrid, cidade de orixe de ambos, onde comezaron a facer folk de raíz ibérica, cantigas medievais galego-portuguesas musicadas por eles, jarchas mozárabes, cancións sefardís e composicións propias, todas elas conformadas nun estilo elegante, orixinal, recoñecible e conmovedor. Desde 2010 residen en Galiza.

Antes publicaron ‘Al sol de la hierba’ (Sonifolk 2002), ‘Una hora en la ventana (Musikarte 2006), ‘Múdanse os ventos’ (autoeditado 2015) e agora ‘Onde vai o mar’ (autoeditado 2018).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies