O FC Barcelona  Lassa pasa por encima do esforzo do Santiago  Futsal

0

Compostela, 14 de abril do 2018 – Unha vez máis a fortuna non se posicionou esta noite de parte do Santiago  Futsal no encontro de Sar ante o FC Barcelona.

Os de Valladares, souberon sacudirse do primeiro gol de Adolfo no minuto 2; un gol que non debeu de subir ao marcador ao materializarse como continuación a unha xogada na que o meta  do Barcelona, Juanjo, toca o balón claramente coa man fose da área.  Co partido contrario aos intereses locais, Alex Diz foi quen de igualar a contenda no 5′ e volver equilibrar a balanza. David Palmas tirou de experiencia para recuperar un balón na saída visitante e ceder o balón ao medio para a chegada en potencia do lucense quen anotou o 1-1 a pracer.

Thiago lucíase baixo paus ante o asedio  blaugrana, en busca dun gol que volvese abrir distancias.  Joselito anotou o 1-2 no 7′ e  Esquerdinha o 1-3 no 9′. E a partir de aí, tocou desfacerse da presión  blaugrana que asfixiaba a saída de balón local e que impedía que os de Santiago puidesen achegarse no marcador. Hugo enviou un balón á  cruceta e Juanjo salvou o remate de Antonio Diz ao fío do descanso.

Tras o paso por vestiarios, o encontro cambiou. A escuadra branca saíu máis fresca á pista do Fontes  do Sar,  e valéronlle tres minutos para aproveitar a desconexión  blaugrana e poñer as táboas no marcador. O vínculo gaditano Juanjo  Catela- Zequi apareceu para que o primeiro enlazase un pase maxistral co dorsal 18 e que este coase o esférico por baixo das pernas do meta  blaugrana Juanjo.  No mesmo minuto, Álex Diz viu porta por segunda vez no encontro. Nesta ocasión rematando ao segundo pau un bo centro de Álex  Verdejo desde a esquerda. Un novo partido volvía empezar. E durou 4 minutos, o que tardou  FC Barcelona en facer valer a súa pegada e anotar o tanto que rompeu a igualada.  Ferrao aproveitou un balón morto na área tras rexeite de  Thiago ao disparo de  Joao. E a partir de aí, gol de Adolfo para o 3-5 xa no  ecuador do segunda parte. No 32′ anotou Lozano e no 33′  Ferrao, pegando coa zurda tras un centro en saque de esquina. Xa con 3-7 tentárono os locais con porteiro-xogador. No 38′  Rivillos aproveitou un mal control en campo santiagués para  anotar o 3-8 a porta baleira. E así foi como o  FC Barcelona impuxo a súa superioridade sobre a pista do Fontes  do Sar ante un Santiago  Futsal ao que quedan dous finais para materializar a permanencia en Primeira División

Salga de prensa

Santi Valladares compareceu en rolda de prensa tras o encontro do que dixo “Competimos moi ben ante un grande. Pero vimos como en minuto e medio un equipo como este dilapídache. O meu equipo gustoume moito esta noite, en esforzo, en presión en primeira liña… Independentemente do resultado, que é moi avultado para o que se viu na pista.”

Ficha do partido

Santiago  Futsal:  Thiago, David Palmas, Santi,  Catela e  Zequi -cinco inicial- Hugo Sánchez, Alex  Verdejo, Everton, Antonio Diz, *Álex Diz e Alex Velasco.

FC Barcelona  Lassa: Juanjo,  Tolrá, Adolfo,  Rivillos e  Esquerdinha – cinco inicial-  Ferrao, J  Joao,  Joselito,  Aicardo, Lozano e Leo  Santana.

Incidencias: Partido correspondente á 28ª xornada de Liga celebrado no Multiusos Fontes  do Sar cunha asistencia aproximada de 3500 persoas.

Árbitros: Rodrigo Miguel e Sánchez-Molina  Tapiador. Amoestaron con cartón amarelo a  Zequi e  Catela por parte do Santiago  Futsal; e a  Joselito, Leo  Santana por  FC Barcelona  Lassa.

Goles: 0-1  min.2 Adolfo, 1-1  min.5 Alex Diz, 1-2  min. 7  Joselito, 1-3  min.9  Esquerdinha, 2-3  min.23  Zequi, 3-3  min.23 Alex Diz, 3-4  min.27  Ferrao, 3-5  min.31 Adolfo, 3-6  min.32 Lozano, 3-7  min.37  Ferrao, 3-8  min.38  Rivillos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies