Beatriz Martínez, non adscrita en Ordes, dáse de baixa do Partido Popular

0

Ordes, 11 de setembro do 2017 – Beatriz Martínez, unha das concelleiras de Ordes que pasara ao grupo de non adscritos dáse de baixa do Partido Popular.

Beatriz Martínez Candal decidiu o 23 de xaneiro pasado causar baixa temporal do PP e pasar ao grupo municipal de non adscritos no Concello de Ordes por discrepancias co actual alcalde e unha compañeira do partido. Durante este período de reflexión, afirma Beatriz Martínez na súa carta dirixida ao presidente provincial do PP Diego Calvo “mantívose a mesma actitude que provocou a ruptura total das relacións entre ambas as partes e iso obrígame por ética e bo proceder á miña baixa irrevogable”. A concelleira especifica no seu escrito de baixa que “a desconformidade é co actual alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, nunca co partido.

 Beatriz Martínez Candal, ten 36 anos, entrou en política en 2015 a petición do actual alcalde de Ordes como número 3 da lista municipal. Con anterioridade fora militante de base e interventora nalgunhas mesas electorais. Tras lograr o Partido Popular a alcaldía nos últimos comicios, Beatriz Martínez Candal ocupou a concellería de Obras e Infraestruturas con responsabilidade sobre 13 parroquias do Concello. Con todo, ante a falta de transparencia no goberno municipal e ao detectar irregularidades, decidiu pasar ao grupo municipal de non adscritos a principios deste ano xunto co seu compañeiro de partido Luís Caamaño.

Beatriz Martínez Candal di que pese a baixa do Partido Popular ten o firme compromiso cos seus veciños de Ordes de seguir na política activa en defensa da transparencia da xestión municipal e para impulsar o dinamismo do Concello. A súa moción máis ambiciosa, na que propoñía a baixada xeral de impostos para estimular o crecemento económico e a implantación de empresas co apoio tamén a emprendedores, foi aprobada polo Pleno o 26 de maio, pero para sorpresa de todos os grupos políticos foi recorrida polo actual alcalde José Luis Martínez Sanjurjo o 26 de xullo. Tras unha nova aprobación, Martínez negou nos medios que a moción vaia a ser levada a cabo.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies