A Deputación financia beirarrúas en Calo e Os Tilos, en Teo

0

Teo, 13 de decembro do 2017 –  O Boletín Oficial da Provincia publica a licitación de dous proxectos do Plan Único no Concello de Teo cun investimento de 483.247 euros.

Os proxectos licitados consisten na construción de beirarrúas en Calo e Os Tilos e melloras no núcleo de Ribas.

Centro de saúde de Calo

As obras de creación de beirarrúas e acondicionamento de viais foron as máis demandadas polo Concello de Teo dentro do novo plan da Deputación da Coruña, que destina un total de 1.416.846,65 euros ao municipio durante este ano.

O concello de Teo mellorará diversas estradas coma os viarios municipais en Casal, Recesende, Rial do Mato, Rarís, Monte, Lamas, Vilar de Arriba, Constenla e San Xoan de Calo. Así mesmo, o goberno municipal decidiu dedicar parte da achega da Deputación para outros investimentos financeiramente sostibles coma a mellora do saneamento en A Ínsua (Luou).

O Concello de Teo tamén acordou asignar 60.700 euros do Plan Único á redución da débeda con entidades financeiras e sanear así as contas municipais. 

Sendas peonís no centro de saúde de Calo e o pavillón de Os Tilos

A Deputación financiará a construción de dúas sendas peonís en Calo e Os Tilos, co obxectivo de mellorar os accesos ás distintas dotacións que se atopan no entorno destes núcleos de poboación. Este proxecto conta cun orzamento de 244.124,71 euros, dos cales a Deputación aporta o 94%.

No caso de Calo, o novo itinerario peonil conectará o centro de saúde co centro urbano de Adrán, partindo desde a carballeira. Esta senda conectará tamén a urbanización Campos de Mirabel e as paradas de autobús.

No segundo caso, a senda dará acceso ao pavillón de Os Tilos, así coma o colexio e a urbanización, proporcionando un itinerario seguro e diferenciando da zona destinada ao tránsito rodado.

En ambos casos, as novas beirarrúas terán un ancho mínimo de 1,5 metros e estarán pavimentadas con formigón armado coloreado

Pavimentación e saneamento en Ribas

No núcleo de Ribas, situado na parroquia de Oza, tamén se mellorarán as infraestruturas viarias cos fondos do Plan Único. Neste caso, o orzamento total ascende a 239.223,11 euros, e permitirá renovar as rúas interiores da aldea e mellorar as redes de saneamento e abastecemento das vivendas.

As obras que saen a licitación serán a primeira fase do proxecto, que se completará posteriormente contando con outra achega de 257.711 euros do Plan Único da Deputación. Os traballos consistirán en dotar ás pistas interiores dun novo pavimento, mediante mestura bituminosa en quente, para reparar os desperfectos e mellorar as condicións de circulación.

Doutra banda, instalarase unha rede de abastecemento de auga potable e outra de saneamento de pluviais. Tamén se completará a rede de augas residuais naquelas vivendas que carecían do servizo e se instalará a infraestrutura necesario para soterrar o alumeado público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial