I Torneo de béisbol Concello de Oroso Leones BBC

0

Oroso, 12 de marzo do 2017 – O campo de béisbol de Porto Avieira acollerá este domingo 12 de marzo o I Torneo Concello de Oroso Leones BBC.

No torneo participarán dous clubs da primeira nacional, Druída (Coruña) e Trasnos (Vigo), ademais dos locais Leones BBC de Oroso.

O triangular comezará ás 10:30 horas co partido Leones-Druída, ao que seguirán os encontros Druida-Trasno (13:00 horas) e Trasno-Leones (14:30 horas).

O torneo está organizado polo club Leones BBC, en colaboración co Concello de Oroso e a Federación Galega de Béisbol (Fegabe).

O campionato conta coa colaboración de Seguros Reale, Galicia Saudable, Abanca, Deporte Galego e as lavanderías Auga Bela (Sigüeiro), Fonte Belida (Teo) e A.A. (Ordes).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial