O Béisbol Os Tilos campión da liga Xogade

0

Teo, 19 de marzo do 2018 – Esta fin de semana o equipo de Softbol e Béisbol Os Tilos proclamouse campión da liga de Sóftbol Indoor na categoría cadete.

O Béisbol Os Tilos tivo que enfrontarse na competición ao Lume Béisbol Club (Lugo) e ao Club de Béisbol e Sóftbol Cambre. A liga desenvolveuse en tres xornadas: a primeira delas no campo de Cambre, a segunda en Lugo e a última en Teo.

Na última xornada da liga o equipo de Cambre obtivo o 2° posto, tras disputar dous partidos moi rifados contra o equipo de Os Tilos. No intermedio entre os partidos de ida e volta, a afección puido gozar dun partido amigable entre os canteiráns máis pequenos dos dous clubs participantes, onde a vitoria tamén foi para os alevíns de Max Contreras por 22-11. Ao final da xornada tivo lugar a entrega de trofeos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial