A escola de Béisbol Os Tilos subcampiona en Tenerife

0

Teo, 18 de marzo do 2018 – A Escola de Béisbol e Sófbol Os Tilos-Teo desprazouse a Adeje (Tenerife) para disputar a XI edición da Copa Máximo Moreno 2018 na categoría Sub 18, organizada pola Escola Falcóns de Adeje.

Béisbol Os Tilos proclamouse subcampión do torneo celebrado no campo do colexio Tijoco Bajo, do que ademais participou a Escola Escuderos de Agüimes (Gran Canaria) e a Escola Halcones de Adeje (Tenerife), organizadora do torneo, que se proclamou campiona nunha rifada final contra o equipo de Os Tilos.

En trofeos individuais a canteira galega alzouse cos seguintes premios: Alejandro de Jesús Amarante levou o premio do Home Run Derby, Diego Monteagudo Barreira ao mellor catcher e Ismael Ferotti Brizuela ao mellor lanzador. A experiencia foi cualificada como excelente polo equipo de Os Tilos, que asistiu acompañado dun grupo de nais e pais que resaltaron a marabillosa acollida do equipo de Halcones. Este ano espérase a volta do equipo de Adeje a terras galegas para participar no II Torneo de Primavera que xa prepara o Club de Os Tilos

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies