займ срочно

O Club de Beisbol Os Tilos celebrou o seu torneo de primavera

0

Teo, 24 de maio do 2017 – O pasado fin de semana o béisbol sub 18 foi o protagonista en Teo, co torneo organizado polo Club de Béisbol e Sófbol os Tilos no campo da Cañoteira.

 

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”14″ exclusions=”174,176,179,185,186,187,188″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”5″ show_thumbnail_link=”1″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Nesta primeira edición os equipos invitados foron o CB Cambre e o club tinerfeño Falcóns de Adeje, ademais dos locais Os Tilos.

O sábado tivo lugar a primeira rolda cun triangular, onde Falcóns impúxose nos seus dous encontros, e Os Tilos e Cambre batéronse nun rifado partido que se decantou polos coruñeses por 7 a 4 a pesar de liderar os teenses boa parte do encontro.

A final entre Adeje e Cambre celebrouse o domingo, nun partido moi disputado con gran actuación de ambos pitchers sendo así que ata a última entrada os canarios so puideron anotar unha carreira. Preto do final do encontro o partido abriuse e os Falcóns impuxéronse por 1-7.

 [columns]
[column size=”1/3″]A clasificación foi:

1º: Falcóns de Adeje

2º: Cambre

3º: Os Tilos[/column]
[column size=”2/3″]

[/column]
[/columns]

 

O torneo contou ao final con concursos de habilidades: corrido de bases, lanzamento de catcher a segunda base e Home Run Derby. Tamén se premiou aos mellores do torneo en diferentes categorías.

Premios individuais:

 [columns]
[column size=”1/3″]M.V.P. (Mellor Xogador): Diego González (Falcóns)

Líder en hits: Javier Mato (Vos Tilos)

[/column]
[column size=”1/3″]Tiros a segunda base: Mateo Couso (Vos Tilos)

Mellor Lanzador: Christofe Oostindie (Falcóns)

[/column]
[column size=”1/3″]Corrido de Bases: Geferson Contreras (Falcóns)

Home Run Derby: Diego González (Falcóns)[/column]
[/columns]

 

Os equipos, adestradores e público asistente compartiron a comida no propio campo, e todo o torneo estivo amenizado por un animador e narrador, contando ademais coa participación do grupo de gaitas da Asociación Cultural Rosalía de Castro. O ambiente foi de festa tanto no campo como nas bancadas, onde as tres afecciones confraternizaron e gozaron dun evento que se pode considerar exitoso no deportivo e na organización.

Mencións e agradecementos son debidos aos colaboradores: Directiva da EBS Vos Tilos, Concello de Teo, Café Sabora, Óptica Pose Santa Comba, Librería Os Tilos, Gadis e Eroski.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”14″ exclusions=”175,177,178,180,181,183,184,188,189″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”5″ show_thumbnail_link=”1″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies