Belén Montero é a Xerente do Palacio de Congresos e exposicións de Compostela. Coñece a perfección este mundo no que comezou de azafata, traballou como adxunta e desde o 2013 é a responsable directa da instalación.

Falamos con Belén Montero sobre o seu traballo e o papel do Palacio de Congresos na cidade. Comezamos escoitando como lembra esa evolución persoal desde os primeiros anos ata o momento actual

O Palacio viviu unha época dourada a finais dos 90′ pero a crise motivou un parón do que aínda se está recuperando o sector. Belén non pensa, como se ten dito, que o Palacio xa vivía unha saturación antes da crise

Belén lembra que, cando no 2013 unha UTE de empresas conseguiu a concesión por dez anos, o turismo de congresos era un mercado moi parado e decidiron abrirse a outro tipo de actividades, unha decisión que foi recompensada con bos resultados

É doado lembrar as grandes feiras de mostras como Fexdega ou a mellor época da Semana Verde pero despois de desaparecer parecen rexurdir en formatos máis pequenos para os que o Palacio de Congresos é un sitio perfecto

Os congresos teñen como finalidade, como primeira intención, dar a coñecer as novidades dun certo sector pero tamén serven para facer turismo e Compostela ten un tamaño ideal para alguén que só ten ratos libres entre conferencia e conferencia

Belén Montero ten claro que hai un traballo feito coa marca Santiago, recoñece que lle gustaría traer algún congreso en concreto pero antes o despois todos acaban vindo

Na planificación para este 2018 os congresos son de tipo mediano pero o que haberá sobre todo son moitos eventos

Sobre o turismo a xerente ten claro que o de congresos é un tipo de turista que beneficia a cidade, que fai gasto

Belén Montero fala convencida dun traballo que lle gusta, un traballo que repercute na cidade de distintos modos, todos bos. É a responsable en boa parte de que o Palacio de Congresos sexa de novo unha parte activa de Compostela despois duns anos moi complicados. Seguiremos atentos a todo o que consigue porque seguro que será de moito interés.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial