Bembibre quédase sen reforma

0

Val do Dubra, 4 de maio do 2019 – A oposición de Val do Dubra non permitiu a aprobación do proxecto de remodelación da rúa Arcai en Bembibre e o concello perde un investimento de máis de 400.000 euros.

O proxecto levado a pleno polo equipo de goberno de Son de Val do Dubra – Anova, liderado polo alcalde Antonio Negreira, tivo un longo camiño ata ser votado en pleno. En abril do 2018 o presidente da Deputación, Valentín González, desprazouse ata o Bembibre para explicar aos veciños en que consistiría a remodelación da principal rúa do núcleo urbano. O facía despois de que se presentaran centos de alegacións e acompañado de técnicos que responderon as preguntas de veciños e comerciantes.

O acordo de investimento coa Deputación, 413.000 euros, tiña como condición a aprobación en pleno do proxecto. O mes pasado o pleno provincial resolvía as alegacións ao proxecto co que só quedaba levalo ao pleno municipal. O debate xerado entorno á obra enchía o salón de plenos que se quedaba pequeno para os veciños que acudiron a ver en que quedaba todo.

A oposición seguiu no papel de bloqueo que adoptou durante boa parte da lexislatura e freou a iniciativa. Tanto Partido Popular como Terra Galega e os independentes de Agrupación Dubresa insistiron na necesidade de que quedara sobre a mesa a expensas do que suceda das eleccións do 26 de maio. O equipo de goberno de Son de Val do Dubra explicou que de non aprobarse perderíase o case medio millón de euros de inversión. Finalmente a oposición votou en contra perdéndose a oportunidade de reformar un dos puntos viarios máis conflitivos da bisbarra.

Son de Val do Dubra, nunha breve nota en Facebook, cualificaba o sucedido de “oportunidade perdida” e dicían estar seguros de que “esta obra cedo ou tarde, con este goberno ou con outro goberno se acabara levando a cabo, será ese momento no cal nos daremos conta da oportunidade perdida”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial