O pasado mes de abril presentábase na facultade de Económicas da USC o grupo Beta+. Trátase da unión de 19 grupos de investigación, 16 da universidade de Santiago e 3 foráneos, que supoñen en cifras o 18 % dos recursos que consegue a USC ou o 17% das teses que se len na universidade. Esta unión ten unha base sólida e recibe soporte no Idega, o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia, que leva décadas servindo de unión as disciplinas de economía, historia, xeografía e socioloxía.

A presentación correu a cargo de Lourenzo Fernández Prieto, profesor de historia contemporánea, membro de Histagra, e cabeza visible do proxecto, María Loureiro, profesora de Económicas experta en bioeconomía, e Elías Torres membro do grupo Galabra da Facultade de Filoloxía centrado nas ideas en torno ao patrimonio.
Beta+ tradúcese en Agrupación de Investigación en Bioeconomía, Emprendemento e territorio. Lourenzo Fernández Prieto explicaba que pretende esta unión

Lourénzo Fernández Prieto

Lourénzo Fernández Prieto

Fernández Prieto explica que os distintos problemas do territorio na actualidade han de ser lidos en clave de solucións

Exemplos de como o traballo de investigadores de sectores distintos pode dar solucións a problemas reais son as comunidades de montes ou o accidente do Prestige

A Galicia actual, como explica Fernández Prieto, necesita xestionar o éxito

María Loureiro

María Loureiro


En definitiva Beta+ ten que servir de ferramenta a quen o necesite, os xestores non teñen que buscar quen investigue os problemas porque xa o ten na Universidade

Desde o punto de vista do investigador este traballo resulta enriquecedor. María Loureiro explica como as conversas con historiadores axúdanlle a entender problemas actuais

Elías Torres

Elías Torres

Para Elías Torres Beta+ ten que ser unha agrupación que máis alá de investigar pregunte a comunidades de todo tipo cales son os problemas para poder buscarlles solucións

Beta+ pode ser un alicerce básico no desenrolo da Galicia do futuro, como explicaba Elías Torres un pode pensar que este grupo chega tarde pero a realidade e que hai uns anos sería imposible xuntar a investigadores que combinaran experiencia cunha idade que permita un horizonte longo de traballo

Unha vez máis a Universidade demostra unha forza que, por desgraza, soe pasar desapercibida para a cidadanía e, o que é máis grave, ignorada polos xestores públicos. Veremos no tempo si entre todos sabemos aproveitar esta oportunidade e mudar para mellor a Galicia que deixemos a próximas xeracións.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies