A Biblioteca Ánxel Casal celebra o Día das Letras Galegas

0

Compostela, 16 de maio do 2017 – A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal invita aos composteláns a sumarse á celebración do Día das Letras Galegas con exposicións e xogos.

Hoxe martes celebran o Gran Xogo das Letras Galegas a cargo de Eduvia. A través deste divertido xogo por equipos, os participantes coñecerán máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas, e os autores e autoras homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra de Carlos Casares, o autor homenaxeado este ano.

O próximo xoves as seis da tarde entregaranse os premios do VII Concurso de Carteis Día das Letras Galegas. Daranse 3 premios consistentes en lotes de libros e diploma e tres accésits que recibirán un diploma cada un. Os traballos premiados e finalistas estarán expostos na Sala Infantil do 18 de maio ao 16 de xuño.

Ese mesmo día, xoves 18, ás 19.00 h no salón de actos o fillo de Carlos Casares, Häkan Casares Berg, dará unha conferencia no salón de actos na que falará da súa visión máis familiar do escritor homenaxeado este ano. Trátase dunha actividade de balde ata completar aforo.

O Sábado 20 de maio ás 12.00h no salón de actos. Contacontos “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” a cargo de Servando Barreiro. A partir dos contos e obras de teatro infantil de Carlos Casares, o Bardo Abelardo fai unha adaptación dos mesmos para podelos contar e cantar acompañado da súa concertina. O resultado é un espectáculo con contos intercalados de cantigas participativas, o que lle confire unha gran forza rítmica para captar a atención de todo o público. Actividade dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Unha semana despois, o sábado 27 de maio, ás 12.00h no salón de actos. Contacontos “Contadas coa súa voz” (sobre Carlos Casares) a cargo de Lisístrata. Rendemos unha merecida e sentida homenaxe a Carlos Casares. Serán historias contadas, na súa voz e coa nosa palabra, dunha literatura

que levan disfrutado lectores e lectoras dende hai anos, ata converterse nos clásicos de hoxe. Actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Para completar estas actividades, todos aqueles que se acheguen á Sala Infantil poderán desfrutar do 2 ao 31 de maio coas mostras bibliográficas “Todas as laranxas de Carlos Casares” e “17 de maio, Día das Letras Galegas”. Tamén, durante todo o mes de maio e no 2º andar teremos a mostra bibliográfica “Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies