займ срочно

Biblioteca de investigadores da Universidade de Santiago

0

No número 6 do Lindeiros en papel,  dedicábamos esta sección á Biblioteca América, situada no Pazo de Fonseca; pero a USC e a súa Biblioteca, Xeral da que dependen todos os fondos dos distintos edificios, é unha fonte de lugares por descubrir para os amantes dos libros e das estancias dedicadas a eles.

Imaxe da biblioteca da USCA Biblioteca Xeral conta con 862 manuscritos, 141 incunables, 27.725 impresos dos séculos XVI ao XVIII e 29.727 impresos publicado entre 1801 e 1900 ademais dun edificio de 5 plantas acondicionado para aloxar 300.000 volumes.

 Os datos mencionados lévannos a outro deses lugares por descubrir para a área metropolitana de Compostela. Xa sexa un afeccionado aos libros, un profesor de instituto entusiasta ou un erudito  a sala de investigadores é un deses sitios a ter en conta, Situada na primeira planta do edificio de Fonseca por ela pasan cada ano investigadores de todo o mundo para consultar os fondos da USC, pero tamén veciños en busca de datos da súa historia máis próxima ou afeccionados á investigación, incluso en unha ocasión unha muller que so buscaba inspiración e que quedouse alí un bo rato tan so para pensar. É curioso observar como nas épocas de vacacións noutros lugares, aumenta a afluencia de investigadores que aproveitan o seu tempo libre para viaxar até aquí e continuar co seu traballo.

A Biblioteca conta ademais cun gran recurso en rede que permite a procura de exemplares pola colección histórica, pola de América, pola de Galicia ou unha máis xeral. Pódese indagar na procedencia dos exemplares a través dos seus antigos posuidores e todo iso desde a comodidade do computador, aínda que se queremos consultar algún teremos que pasar pola sala da que falamos.

Imaxe da biblioteca da USCA sala de investigadores ten ademais un gran tesouro no seu interior como é a Biblioteca do Arcebispo Lago González adquirida por subscrición popular a principios do século XX; Manuel Lago González era considerado un home moi culto en materias como a historia, a literatura ou a botánica, ao longo da súa vida reuniu 6.000 volumes vinculados na súa maioría a esas artes ademais de 41 incunables. Cando morre en 1925 o reitor da universidade, Luís Branco Rivero impulsou un peditorio popular para a súa compra e como método para evitar a separación dos libros, desta forma en 1929 foi incorporada na súa totalidade á Biblioteca Xeral e agora podémola contemplar nesa sala de investigadores.

Imaxe da biblioteca da USCDada a gran cantidade de libros, da biblioteca Lago e das outras, pódese contar como anécdota que moitos deles non foron abertos nunca, comprábanse por lotes e colocábanse nos andeis sen que dese tempo a ler todo polo que se é un afeccionado á investigación pense que aqui ten unha porta rápida e accesible a tesouros por descubrir, moitas veces o máis interesante témolo á beira de casa e só temos que saír a buscalo.

Queremos agradecer a amabilidade da directora da Biblioteca Mabela Casal Reyes e a encargada da sala de investigadores Ana que nos acompañaron nesta visita.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies