A biblioteca de Ordes renóvase con 250 libros

0

Ordes, 3 de setembro do 2018 – A biblioteca municipal vén de poñer recentemente á disposición dos seus usuarios e usuarias unha ampla lista de novidades literarias para comezar o novo curso.

A biblioteca de Ordes incorpora 250 novos títulos, de todos os xéneros e estilos, dirixidos a todo tipo de público, e que aumentan e melloran o seu amplo fondo bibliográfico, que supera xa as 19.500 referencias.

Entre os autores e autoras que figuran nas novas adquisicións figuran Diego Ameixeiras, José Emilio Bóveda, Mercedes de Vega, Xavier Quiroga, Margaret Adwood, Arturo Pérez Reverte, Graham Moore, Milagros Frías, Xavier P. Docampo ou Jöel Dicker.

A Biblioteca Municipal está integrada na rede de bibliotecas públicas de Galicia. Comezou a funcionar no ano 1991 e desde o 2011 está instalada nos baixos da Alameda onde ademais das súas funcións habituais serve para dinamizar a vila con distintas actividades ao longo de todo o ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial