Novos graos en Biotecnoloxía, Criminoloxía e Paisaxe para a USC

0

Compostela, 21 de xuño do 2018 – A oferta de estudos da USC ampliase no vindeiro curso con tres novos graos en Biotecnoloxía, Criminoloxía e Paisaxe, este último en colaboración coa Universidade da Coruña.

Os novos graos foron presentados en rolda de prensa polo reitor Antonio López e os decanos de Bioloxía, Antonio Segura, e Dereito, Gumersindo Guinarte,  o director da Escola de Enxeñería de Lugo, Tomas Cuesta, e a vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero.

Criminoloxía

A Facultade de Dereito será o centro  que acolla tanto o primeiro curso do grao de Criminoloxía como o ‘curso ponte’ ao que poderán acceder os estudantes que rematasen na USC o título propio ‘Diploma Superior en Criminoloxía’. Ofértanse 50 prazas de novo ingreso e outras tantas para o curso ponte. O decano Gumersindo Guinarte explicaba que se trata dun grao que comezou a súa andaina hai 35 anos polo que hai que agradecer o esforzo que se fixo nos último anos para que sexa unha realidade

Biotecnoloxía

Polo que respecta ao grao en Biotecnoloxía, impartirase na Facultade de Bioloxía, en estreita colaboración coa ETSE e a Facultade de Farmacia. O coordinador será o profesor Javier Sampedro, do Departamento de Bioloxía Funcional. O decano Antonio Segura explicaba as razóns que os levaron a implantar eses estudos

Paisaxe

O Grao en Paisaxe, compartido coa UDC, pretende cubrir unha demanda da sociedade no ámbito da xestión do recurso paisaxe, aproveitando a experiencia e os medios humanos e materiais de dous centros altamente especializados como son a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC) e a Escola Técnica Superior de Arquitectura (UDC). O director da Escola Politécnica Superior de Lugo, Tomas Cuesta, comentaba a novidade que supón un grao que será impartido en dúas cidades e coa colaboración de dúas universidades

O reitor Antonio López destacaba na rolda de prensa os traballos que se levan a cabo para que as tres universidades de Galicia colaboren cada vez máis e poidan ter en pouco tempo sistemas de matrícula similares e incluso calendarios académicos coordinados

Os graos implantaranse de xeito progresivo comezando no vindeiro curso cos primeiros cursos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial