A bisbarra fronte ao Coronavirus I, Santiago, Negreira e Frades

0

Bisbarra, 16 de marzo do 2020 – Desde Lindeiros queremos votar unha ollada á bisbarra nunha situación tan excepcional como o estado de alarma provocado polo Coronavirus.

A bisbarra fronte ao Coronavirus

O aeroporto de Santiago baleiro na mañá de este domingo día 15

Os concellos pequenos teñen os seus propios problemas e queremos coñecelos así que falamos con algúns alcaldes. A principal recomendación de todos fronte ao Coronavirus é seguir as indicacións e quedar na casa. A colaboración veciñal, sempre necesaria no rural, é en este caso básica como nos explica o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Léis

Os concellos máis pequenos teñen ademais un coñecemento moi directo da situación das familias. En moitos casos os veciños pasan de ser “a cidadanía” a ser persoas con nomes e apelidos. O alcalde de Frades Roberto Rey contábanos como estarán moi pendientes de eses casos que saben que teñen dificultades

A bisbarra fronte ao Coronavirus

Arzúa baleira este domingo pola mañá día 14

En esta situación hai servizos que se volven máis fundamentais do que xa o son diariamente como é o caso do SAF, o servizo de axuda no fogar; de novo o alcalde de Negreira nos explica a situación

Esa falta de material pode ser un dos principais problemas nos primeiros días. Roberto Rey, alcalde de Frades, confirmaba esa necesidade pero pedía tranquilidade xa que todo o concello está ao servizo dos veciños

A bisbarra fronte ao Coronavirus

Melide baleiro este domingo 14 pola mañá

Si queredes colaborar ou contarnos algo lembrade que tedes un correo electrónico a vosa disposición redaccion@lindeiros.com e un número de teléfono, con Telegram e whatsapp, 604074957

En todo caso o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, ten unha visión optimista. Tendo en conta a rapidez con todo está pasando confésase sorprendido polo ben que está saíndo todo

Bugallo tamén explicaba que Compostela está baleira e avanzaba que a partir de hoxe luns constituiranse as mesas de coordinación dos concellos e poderase ter accións e necesidades dun xeito máis concreto

 

Instrucións para os concellos

A bisbarra fronte ao Coronavirus

O Pino baleiro este domingo 14 pola mañá, en toda a estrada desde Melide e non núcleo urbano non vimos un só peregrino

A última hora da tarde de onte reuníanse Xunta e Fegamp para constituír un gabinete de crise e dar as primeiras instrucións aos concellos. O primeiro documento pide a creación en cada municipio dunha comisión de seguimento e delimita as áreas administrativas que deberían traballar e de que xeito.

As recomendacións da Federación de Municipios destaca o papel dos servizos sociais e de protección civil que nunha situación como está convértense en fundamentais.

A Fegamp indica tamén que quedan suspendidas as sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais (Xunta de Goberno Local, Pleno da Corporación, Comisións Informativas, Xerencia de urbanismo, etc) a excepción da Comisión de Seguimento do COVID-19 ou calquera outra que fose preciso celebrar.

A Fegamp habilitou unha páxina na que, ademais de este documento, recolle os distintos decretos e ordes que se van ditando. Pódese consultar aquí.

Seguir informando, seguir colaborando

Desde Lindeiros queremos dar espazo á bisbarra, aos concellos máis pequenos e aos veciños do rural.

Seguiremos falando con alcaldes e responsables públicos nos seguintes días. Estamos traballando xa en outros artigos que teñen que ver co lugar no que vivimos.

Si queredes colaborar ou contarnos algo lembrade que tedes un correo electrónico a vosa disposición redaccion@lindeiros.com é un número de teléfono con Telegram e whatsapp 604074957. Si alarmismos e do xeito máis obxetivo que podamos seguiremos informando.

a bisbarra fronte ao Coronavirus

Touro este domingo día 14 pola mañá

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial